Broche de ouro á I edición do congreso gastronómico Degusta A Coruña
3 días, 6 concellos, 20 actividades, 35 relatores, 10 chefs e 10 influencers danse cita na provincia para reivindicar la excelencia da súa cadea gastroalimentaria nun congreso-road trip «diferente»

Vigo, 30 de outubro de 2024. Conclúe a I edición do congreso gastronómico Degusta A Coruña, organizado polo área de Turismo da Deputación da Coruña, baixo a dirección técnica de IUNI e Diesemm. Unha iniciativa itinerante, un tanto diferente aos congresos «ao uso» aos que podemos estar habituados, que permitiu percorrer diferentes puntos da xeografía da Coruña.
O itinerario chegou a 6 concellos (Fene, Betanzos, Padrón, Boiro, A Coruña e Carballo), con 20 actividades e 35 relatores de diferentes puntos do estado e de diferentes ámbitos do sector (restauración, formación, comunicación, empresarial, distribución, produción…), 10 chefs implicados e tamén 10 influencers participantes. Ademais, todas as actividades emitíronse por streaming, así como outras que se celebraron unicamente vía telemática polas tardes, ás que se pode acceder dende a páxina web degustacoruna.gal.
Encontros na confraría de Barallobre para coñecer os seus mariscos de primeira calidade e nas pesqueiras do río Ulla para descubrir todos os detalles sobre a lamprea e a súa pesca; visitas ao antigo matadoiro de Betanzos e ao emblemático Pazo de Goiáns para falar sobre o patrimonio vinícola da provincia e o seu impacto socioeconómico e cultural; e xornadas en espazos como o Muncyt coruñés ou o Náutico de Razo, para «pisar territorio, saír dos auditorios». A resposta por parte de relatores, asistentes e participantes foi unánime: «unha experiencia moi positiva, diferente e necesaria para coñecer de verdade a provincia e a gastronomía dende a orixe» afirmaban.





